APUNTES PARA UN BLOG INFINITO
Memorias dunha Fin de Semana Maxia das Palabras
Xoguei a ensaiarme
escritora
contadora
engaioladora de mentiras máxicas feitas de palabras
NUNHA FIN DE SEMANA MÁXICA NA QUE NOS XURAMOS AMIZADE INCONDICIONAL E ETERNA
Amizade incondicional e eterna porque, como ben escribiu Xosé Antón, nos une a necesidade existencial de contar, de escoitar contos, de soñar palabras.
Amizade incondicional e eterna porque en todos nós agromaron eses sentimentos esquecidos que nos foron habitando dende a infancia e que se nutren de querencias, ausencias e errancias varias. O que fomos, o que somos, o que nos falta. O QUE NOS UNIU UN DÍA E XA NON NOS SEPARARÁ NUNCA.
Amizade incondicional e eterna que será o xermolo para construír este blog colectivo tan intenso e interesante que non haberá nunca ninguén en ninguha parte que desexe que se acabe nunca, porque este blog ten a esencia de todas as boas novelas, de todas as utopíaa e a beleza da desembocadura plácida do Mandeo nas xunqueiras enmarañadas de Paderne.
Un blog imaxes de todos nós.
0 comentarios